Camiño a Fisterra-Muxía
Camiño de Fisterra e Muxía
Ames · Negreira · Santa Comba
O Camiño a Fisterra-Muxía é o único camiño que parte de Santiago de Compostela cara o occidente, ao que os antigos chamaban o fin do mundo. Os peregrinos que chegaban a Compostela prolongaban a peregrinación ata o Cabo Fisterra para queimar as vellas roupas como símbolo de purificación. No xeodestino Terras de Santiago a primeira etapa (21,3 km) atravesa Ames e a emblemática Ponte Maceira para chegar a Negreira co seu Pazo do Cotón. Desde alí continúa cara Santa Comba e os bosques do río Xallas camiño do Atlántico.
Lugares destacados
- A Ponte Maceira (Ames-Negreira)
- Pazo do Cotón e Pazo de Baladrón (Negreira)
- Bosques do río Xallas (Santa Comba)
Camiños relacionados
52 kmCamiño Portugués
O Camiño Portugués é a segunda ruta xacobea máis transitada do mundo, seguida só do Camiño Francés, con máis de 100.000…
20 kmVía de la Plata / Camiño Mozárabe
A Vía de la Plata é o camiño de Santiago máis longo, con máis de 1.000 km desde Sevilla ata Compostela. O seu nome prové…
20 kmCamiño de Inverno
O Camiño de Inverno é o único itinerario xacobeo que percorre as catro provincias galegas. Naceu na Idade Media como alt…