
Os nosos produtos km0
As Terras de Santiago son unha terra de produtores. Hortalizas, carnes, queixos, mel, cogumelos e viños da Ribeira do Ulla forman parte dun ecosistema agroalimentario rico e diverso, onde o respecto polo territorio e a calidade dos produtos van da man. Descobre os sabores auténticos dunha terra que coida o que cultiva.