Vía de la Plata / Camiño Mozárabe
Vía de la Plata — Camiño Mozárabe
Vedra · Boqueixón
A Vía de la Plata é o camiño de Santiago máis longo, con máis de 1.000 km desde Sevilla ata Compostela. O seu nome provén da palabra árabe "balata" (calzada empedrada), en referencia á antiga vía romana que unía Mérida con Astorga. Foi utilizada polos mozárabes para peregrinar desde o sur peninsular. No xeodestino Terras de Santiago entra polo concello de Vedra cruzando o río Ulla pola Ponte Ulla, e discorre por Boqueixón ofrecendo un desvío ao Pico Sacro antes de entrar en Compostela polo Arco de Mazarelos.
Lugares destacados
- Ponte Ulla — paso histórico sobre o Ulla (Vedra)
- Pico Sacro — 533 m, desvío desde Boqueixón
- Arco de Mazarelos — entrada á Compostela medieval
Camiños relacionados
52 kmCamiño Portugués
O Camiño Portugués é a segunda ruta xacobea máis transitada do mundo, seguida só do Camiño Francés, con máis de 100.000…
30 kmCamiño a Fisterra-Muxía
O Camiño a Fisterra-Muxía é o único camiño que parte de Santiago de Compostela cara o occidente, ao que os antigos chama…
20 kmCamiño de Inverno
O Camiño de Inverno é o único itinerario xacobeo que percorre as catro provincias galegas. Naceu na Idade Media como alt…