
Os nosos eventos gastronómicos
O calendario gastronómico das Terras de Santiago é un reflexo vivo da identidade e das tradicións dos seus once concellos. Festas do polbo, da filloa, do chourizo ao viño, da lamprea ou das empanadas conviven con feiras de outono e romarías parroquiais que celebran os produtos da terra ao longo de todo o ano.